Arenteiro e Verín deixan aberta a eliminatoria de copa para o partido de volta

25, Maio 2014

Mesmo resultado en Espiñedo neste partido de semifinais de Copa Deputación que no encontro xogado por ambos en liga, empate sen goles. A eliminatoria queda, asi pois, aberta cara o partido de volta en Verín o próximo domingo. 

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, D. López, Lois, V. Gallego, Prada, Alex, Martín, Bardelás e Oscar. No tramo final do partido tamén xogaron M. Sotelo, Manu, Caneiro e Canexón.

O Partido: Os verdes estiveron máis serios na primeira parte, aínda que tan so nunha internada de Prada nos albores do partido conseguiron levar perigo ante a portería visitante. Na segunda parte o Verín foi o equipo que estivo máis entonado e gozou das mellores ocasións para desnivelar o partido. Destacar, unha vez máis, a excelente entrada de afeccionados no Estadio de Espiñedo.