Arenteiro e Verín reparten puntos tras un intenso partido de fútbol

20, Outubro 2013

Chegaba o líder a Espiñedo, que presentou unha boa entrada de público para un partido de 1ª Autónómica, máis de 400 espectadores. Si o fútbol se xogase aos puntos, o Arenteiro sería o gañador do encontro, pero no fútbol mandan os goles, e ningún dos dous equipos foron capaces de marcalos.

C. D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Lois, Dabarca, Diego López, Alex, Canexón, Victor Gallego, Prada, Bardelás e Quiroga. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Cancelas, Omar e Oscar.

Verín C.F: Jorge, Padin, Ginzo, Xurxo, Mario, Luis Vilachá, Iglesias, Hugo, Pablo García, Quini Cotarelo e Eloy García. Tamén xogaron Saúl, Iago e Cote.

O Partido: Unha primeira parte igualada na que ambos equipos se trataron con moito respecto, e unha segunda parte para o Arenteiro, que xenerou neste periodo as mellores ocasións de gol do partido, pero atá en dúas ocasións as magnificas intervencións do meta visitante evitaron o gol, mentres que noutra Victor Gallego non chegou de cabeza cando xa se cantaba o gol. O Verín tan so foi capaz de crear perigo nun par xogadas de estratexia, nunha delas Carlos sacou un balón cando se colaba na portería local. Bo partido en xeral de todo o equipo carballiñés ao que, acaso, faltou o arrreón final para gañar o partido.