Argimiro Marnotes anuncia que optará a presidir o Partido Popular do Carballiño

2, Febreiro 2010

O actúal portavoz do Partido Popular no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, anunciou hoxe no transcurso dunha intervención a través desta emisora de radio, a súa intención de optar a presidir o partido no Carballiño. Marnotes fixo público este anuncio despois de adiantar que "nun prazo entre 3 e 4 meses vaise proceder a convocatoria dos congresos locais naquelas localidades da provincia onde levan tempo sen renovarse as executivas" Éste é o caso do Carballiño, concello no que o Partido Popular conta con 1.100 afilidados, e que preside desde fai 6 anos Guillermo Fernández Feijóo. Chegado o momento desa convocatoria congresual, Marnotes manifestou que " xa será entón o que  os afiliados e afiliadas queiran, e quero anunciar e xa o digo claramente, que cando ese congreso se faga, eu intentaréi encabezar unha candidatura para presidir o P.P. no Carballiño, porque éste segue a ser o meu territorio político". Marnotes forma parte do novo equipo directivo provincial do Partido Popular que preside desde o pasado sábado José Manuel Baltar, e no que o carballiñés figura como ún dos Secretarios Executivos.