Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta

22, Maio 2011

Revolcón electoral no Concello do Carballiño, o Partido Popular gañou por vez primeira unhas eleccións municipais no Carballiño con maioria absoluta. Argimiro Marnotes acadou para  o Partido Popular 9 concellais na futura Corporación Municipal, e logra un resultado histórico para os populares, que volverán obstentar o Goberno Municipal 16 anos despois. A victoria do Partido Popular, con 3.973 votos, fundamentouse no retroceso dos socialistas e na debacle dos nacionalistas. O PSOE que lideraba Paco Fumega retrocedeu atá os 3.185 votos,  obtén 7 concellais, mentres que o BNG de Aúrea Francisco sufre o pior resultado dos nacionalistas nunhas municipais, con 724, quedanse cunha única concellería na Corporación Municipal.  O apelido Marnotes volve 20 anos despois á Alcaldia do Carballiño, Argimrio pai  e Argimiro fillo protagonizaron un emocionante encontro na noite electoral nos estudios de Cope O Carballiño, no transcurso do programa especial que realizou esta emisora de radio, e no que lles avanzamos a maioira absoluta para o Partido Popular ás nove menos cuarto da noite, co escrutinio das cen primeiras papeletas en 4 mesas electorais, que se confirmaría despois cós resultados definitos.