Arranca a I Edición do Festival de Títeres adicada ós máis cativos entre o 17 e 21 de agosto
(Redacción. Belén González) A Praza Maior do Carballiño acolle durante esta semana o 1º Festival de Títeres. Durante os días 17, 18, 19, 20 e 21, os máis pequenos desfrutarán dunhas xornadas de diversión con monicreques moi orixinais. Haberá diversas actuacións e o día de hoxe, luns 17 de agosto, actuará a compañía títeres "Falcatrúa" coa obra "O espíritu do bosque". A comedia fala do que acontece nun bosque que é invadido polo lixo e os residuos urbanos. Para o día 18 representaráse a obra "Do, re, mi, Mozart xoga aqui" a cargo de títeres "Cachirulo". Esta obra estará representada por unhas marionetas de fío talladas en madeira. O mércores a compañía "Ni fu ni fa Animación" traerá á Praza Maior C@nto. Unha obra que versa sobre cantar un conto ou contar unha canción. O xoves, "O ferreiro e o diaño" narrará a longa vida dun ferreiro que un día recibe a visita de Xesucristo e ó outro a do demo. Para rematar esta semana "Dhantea Teatro" traerá a obra "Carapuchiña Vermella ou o cono do lobo", unha historia que narra dúas versións diferentes sobre un mesmo tema. Tódolos días o espectáculo comezará ás 19.30 horas e vai adicado ós máis pequenos e non tan novos.