Asaltan a unha veciña do Carballiño no seu domicilio, e a Policia Local detén "in fraganti" ó asaltante

8, Outubro 2009

A colaboración cidadán e a rápida intervención da Policia Local do Carballiño resultaron decisivas para auxiliar a unha veciña do Carballiño que estaba sendo obxeto dun roubo na súa vivenda, no edificio Fraguas. Os feitos sucederonse esta pasada tarde, cando veciños dos pisos colindantes cós da víctima escoitaron berros e golpes, chamando entón á Policia Local do Carballiño e comunicandolle o que estaba acontecendo. Ós poucos minutos, axentes da Policia Carballiñesa accederon atá a vivenda e procederon á detención do asaltante, que resultou ser C.R.R., de 31 anos de idade e veciño da localidade coruñesa de Rianxo. Posteriormente, foi trasladado ás dependencias da Garda Civil para a súa custodia atá ser posto a disposición xudicial. A muller, víctima deste incidente, sufríu varios golpes ó tratar de opoñerse ó asaltante.