A Asemblea de AV-En Marea pon condicións "para non dar por suspendido o acordo dos orzamentos".

27, Febreiro 2017

Outra nova "volta de tuerca" na polémica suscitada no acordo dos orzamentos entre alcalde e Bernardo García a raiz do anuncio de licitación do servizo de recadación por parte do concello carballiño.

Agora, a asemblea de Alternativa Veciñal "da por suspendido o acordo se non se cumplen catro condicións".

A primeira sería "paralizar inmediatamente o anuncio de licitación tanto na páxina WEb do concello como nos boletíns oficiais".

Tamén esixe a asemblea que se fixen os prazos para que a recadación sexa totalmente de xestión municipal en xuño de 2018, que se cubra de inmediato a praza de Tesoureiro con habilitación nacional e demáis persoal necesario para facerse cargo progresivamente do servizo de recadación, e finalmente, que se habilite "como oficina provisional de recadación o baixo da parte posterior da casa do concello".