Asesinato machista na rúa Alexandre Bóveda: un home mata a súa muller e logo intenta suicidarse

29, Xaneiro 2017

Un home de 59 anos de idade,José Alén, matou a coiteladas a súa muller de 55 anos, Virginia Ferradás, e logo intentou suicidarse.

Pasadas as nove da noite deste domingo a Policia Local do Carballiño recibíu unha chamada alertando do suceso nunha vivenda, propiedade do matrimonio, na rúa Alexandre Bóveda, a altura da confluencia do cruce da subida ao barrio de Flores.

A Policia Local movilizou de inmediato ao Grupo Municipal de Emerxencias, que se encontraron coa vitima tendida sobre o chan e ao agresor co coitelo sobre o pescozo amenazando con suicidarse. As forzas de seguridade procederon a súa detención, aplicando o protocolo propio destes casos.

Agresor e vítima eran un matrimonio de emigrantes retornados de Suiza fai apenas unhas meses, orixinarios do veciño municipio do Irixo. Él do pobo de Pedrouzo, na parrouqia de San Cosme de Cusanca, éla da localidade de A Lama na parroquia do Campo, onde viven os seus pais.

Fai unhos dias atrás, o agresor protagonizou un episodio que tampouco pasou desapercibo para os veciños, cando se sitúou no tellado da vivenda durante catro horas amenazando con suicidarse, aínda que finalmente desistíu da súa actitude.

Non consta que durante este periodo de tempo que levaban residindo no Carballiño houbese algunha denuncia por malos tratos. O matrimonio non tiña fillos.

 

Pleno Extraordinario da Corporación Municipal e concentración na Praza Maior

A Xunta de portavoces do concello do Carballiño reunináse ás 10 da mañá para acordar unha declaración institucional de condena tras este episodio de asesinato machista

Ás once menos cuarto da mañá está convocado con carácter urxente e extraordinario un pleno da corporación municipal do Carballiño.

Äs 12 do mediodia a Praza Maior do Carballiño acollerá unha concentración popular no que se chama a toda a cidadanía carballiñesa a expresar a súa repulsa pola asesinato desta veciña e de solidariedade coa súa familia.