Aspadisi avanza co seu proxecto de residencia, que precisa 200.000 euros para rematar a obra e o seu equipamento

27, Abril 2022

Os responsables da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Discapacitados Psíquicos das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro deron conta do estado actúal deste proxecto e das obras, que están xa moi avanzadas e, de cumplirse as previsións, estarán rematadas no próximo mes de setembro, e o equipamente a finais de ano.

A futura residencia para usuarios e familiares de Aspadisi contará con 32 prazas, repartidas en 16 habitacions dobles e o resto de dependencias propias dun espazo destas características, no que farán vida diaria aqueles socios que o precisen, según as necesidades personais e familiares dos futuros residentes.

O portavoz da Xunta Directiva, Manolo Amil, recordou que se trata dun proxecto promovido pola asociación con axuda pública e privada, cun orzamento de 1,2 millóns de euros e explicou que "a dia de hoxe faltarían 200.000 euros para cubrir a financiación", na que se incluiría todo o equipamento necesario.

Amil tivo palabras de recoñecemento para as persoas que colaboraron na campaña de doazón levada a cabo a finais do ano pasado, e que supuxo unhos ingresos para este proxecto de 23.788 euros "con donativos que foron dos 5 aos 150 euros, e unha aportacion de 4.000 euros por parte dun doante", en total foron 126 doazóns recibidas. Calquera persoa que o desexe pode contribuir económicamente con esta obra social "de igual maneira que esperamos que agora o fagan os concellos das dúas comarcas, O Carballiño e O Ribeiro", dixo.