ASPADISI incorpora a Manuel Amil á Xunta Directiva pensando en afrontar novos retos para esta asociación

26, Xuño 2020

A asociación ASPADISI ven traballando dende o ano 1995 pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectúal , e dende o ano 2016 ven xestionando o centro ocupacional que ocupa o edificio sito nunha parcela entre o auditorio e o paseo do río Arenteiro, ao que asisten na actualidade 24 persoas con discapacidade intelectúal das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Agora, a asociación plantexa novos retos, sen dúbida o máis ambicioso é a contrucción dunha residencia, tal como demandan as familias para a que sería atención integral dos usuarios.

Para avanzar neste e noutros obxetivos, ASPADISI ven de incorporar á súa Xunta Directiva a unha persoa con contrastada experiencia en diferentes ámbitos da xestión pública e privada, como é o caso de Manuel Amil Otero, o exdirector do IES nº 1, da Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas, coordenador dos centros sociocomunitarios na provincia, ex-concelleiro da corporación municipal e máis recentemente, vinculado a importantes grupos empresariais.

Amil xa viña colaborando dende fai anos con ASPADISI e agora aportará a súa experiencia como xestor ao servizo desta asociación.