Asunción Rivero agarda a responsabilidade da oposición para a aprobación dos orzamentos

20, Abril 2009

A concelleira de Servizos sociais, a socialista Asunción Rivero, apelou "á responsabilidade dos grupos da oposición municpal" no Concello do Carballiño -bng e pp- para que estudien e apoien o proxecto de orzamentos elaborado polo Grupo de Goberno para este ano 2009, aínda a dia de hoxe pendientes de aprobación. De feito, trátase do maior retraso neste proceso, o da súa aprobación, no contexto da última década na vida municipal carballiñesa. No mellor dos casos, non entrarán en vigor atá o segundo trimestre do ano. Rivero dixo -ademáis- que a non aprobación dos orzamentos sería unha moi mala noticia para o seu departamento, xa que sufrrirían un recorte as políticas sociais que se estaban levando a cabo, e que dependen directamente da aprobación ou non dos orzamentos para este ano.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Decalaracións Asunción Rivero

A concelleira tamén espera continuar recibindo o apoio da Administración Autonómica, para poder darlle continuidade a moitas das actividades que ven desenvolvendo o seu departamento, xa que en gran parte son financiadas a través de axudas e subvencións da Xunta de Galicia. Entre estas actividades, atópase o programa de "Familias Madrugadoras",que terá continuidade o vindeiro curso escolar 2009/2010, para nenos de educación infantil e primaria, que poderán acudir a este servizo en horario de sete e media a dez e cuarto da mañá, e para o que xa se pode reservar praza, no departamento municipal de servizos sociais, na rúa Faustino Santalices. Para as persoas maiores, están organizadas outras dúas actividades que se desenvolverán proximamente: un curso de autoestima e unha excursión de lecer e cultural de tres días de duración, os vindeiros 1,2 3 de xuño, a terras de Cantabria. Os excursionistas deberán abonar 120 euros.