Atá o 11 de Maio expónse a renovación do catastro de rústica
O horario de atención ó publico será de 10 a 13,30 horas e de 15 a 18 horas, de lúns a venres nos locais do baixo da antiga casa sindical de Maside, na rúa Rodríguez Soto. Todas as persoas interesadas poderán consultar a exposición dos traballos de renovación do Catastro de Rústica, que estivo levandose a cabo en todo o territorio municipal. A partir desta consulta, quenes non estean dacordo coas avaliacións ou os datos das súas propiedades, poderán presentar as correspondentes reclamacións. Esta Exposición Pública da Renovación do Catastro de rústica no Concello de Maside estará a disposición da veciñanza atá o día 11 de maio.