Ata a inauguración da Praza de Abastos en 1929, o primitvo mercado do Carballiño ubicábase na Praza Maior

17, Novembro 2019

O Carballiño, anos vinte do século pasado, unha década na que se construiron algunas das infraestructuras e equipamentos públicos que aínda na actualidade prestan servizo, como é o caso do Grupo Escolar e a Casa dos Mestres, rebautizada nos anos oitenta como casa da cultura, ocupada hoxe pola biblioteca municipal e quen sabe se futura “Casa da Xuventude”.

Tamén daqueles tempos é o adoquinado de varias rúas, a contrucción do segundo matadoiro municipal e a Praza de Abastos, na tamén recén inaugurada Avenida de Julio Rodríguez Soto.

E ata o ano de apertura da Praza de Abastos en 1929, onde acudía a veciñanza carballiñesa para abastecerse e facer a compra diaria ?

No espazo radiofónico desta semana de COPE O Carballiño “Aquel Pobo, Aquela Xente” recuperámos unha entrevista de Xan Pinal con Francisco Mozo, coñecido como “O Niño de Arcos”, que hoxe andaría polos 111 anos se vivise. Contounos como ata a inauguración do magnífico edificio que aínda 90 anos alberga a Praza de Abastos, o mercado diario facíase nunhos pendellos ubicados na Praza Maior, onde se vendía a carne, o peixe, polos, ovos e o rianxo da época.

Tamén relatounos como o primeiro matadoiro municipal estaba situado “nun palleiro”, así o definíu, na rúa de Ourense, ata que naquela mesma época construíuse un novo que se localizaría á beira do río Arenteiro, a altura da ponte de Toscaña.

Francisco Mozo, que se identificaba como un convencido “Calvo-Sotelista”, seguidor do que fora Deputado polo Distrito do Carballiño e home forte da política da época, Calvo Sotelo, asegurou que “con arreglo a aqueles tempos, O Carballiño vivíu unha época de gran progreso, de parecer un pobo morto pasou a ter unha gran puxanza, experimentou un gran impulso en poucos anos”.

O audio da enrevista co “Niño de Arcos” pode escoitarse na sección “PROGRAMA” desta Web correspondente á emisión do Xoves 14 de Novembro.