A Audiencia desestima o recurso de MoveBoborás e outros polo arquivo da querela contra Cipriano Caamaño polos presuntos delitos de prevaricación urbanística e contra a ordenación do territorio

23, Outubro 2017

A Audiencia Provincial de Ourense desestima o recurso de apelación que fora interposto polos actúais concelleiros de MoveBoborás Eva Pardo e José Benito Trigás, asi como por exconcelleiros de PSOE e BNG e un veciño da Almuzara, en relación ao arquivo da querela contra o alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, polos presuntos delitos de prevaricación urbanística e contra a ordenación do territorio.

A querela foi presentada tras a polémica promovida pola oposición  municipal de Boborás  en relación á situación legal da vivenda construída pola esposa do rexedor, na localidade da Almuzara.

Neste auto, os 3 maxistrados da Audiencia que o asinan, desestiman o recurso de apelación contra o arquivo da querela, que anteriormente acordara o Xulgado de 1ª instancia e Instrucción do Carballiño, polos supostos delitos contra a ordenación do territorio e prevaricación urbanística, unha querela que os denunciantes presentaron contra Cipriano Caamaño, e que despois ampliaron contra a esposa do alcalde, Maria del Carmen Cives, e o redactor xefe do PXOM de Boborás.

Unicamente continúa aberta esta causa contra o alcalde de Boborás no que respecta ao presunto delito de falsedade documental, neste caso a causa está pendiente de informes caligráficos.

Este auto da Audiencia que desestima o resurso de apelación dos querelantes é firme, e contra o mesmo non cabe recurso.