A Audiencia rexeita os recursos e ordena apertura de xuizo aos exalcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, e a outros 3 exconcelleiros socialistas pola presunta contratación irregular de traballadores no concello

25, Setembro 2019

A resolución da Audiencia Provincial é firme, rexeitandose os recursos presentados polos investigados, e ordena a apertura de xuizo oral aos exalcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, que o foron entre 1995 e 2011 no concello do Carballiño.

Na mesma causa, que se iniciou fai unhos anos a instancias da Fiscalía, tamén figuran como investigados tres exconcelleiros socialistas que tiveron responsabilidades na mesma etapa no concello carballiñés, Elisa Domínguez, Alfonso Prado e José Antonio Barge. 

A Audiencia Provincial entende que "os indicios recollidos pola instructora son tales superando a mera condición de sospeitas, posto que a contratación laboral foi en unha ou outra medida realizada á marxe de todo procedemento, sen realización de expediente algún". Tamén manifesta a Audiencia que "asi parecen acreditálo algunha das testificais" polo que ordena a apertura de xuizo para que se aclare se os investigados cometeron un delito de prevaricación ou se, polo contrario, resultasen absoltos.

Son en total sesenta presuntas contratacións irregulares de traballadores no concello do Carballiño, a maioria aínda continúan como persoal do concello a dia de hoxe, as que deron lugar a esta causa.

Agora, o procedemento volve ao Xulgado de Instrucción nº 2 do Carballiño, onde a instructora deberá dictar o auto de apertura de xuizo oral, abrindose o prazo para que a Fiscalía presente acusación e os investigados, que defenden que sí existiron procesos de selección na contratación, deberán presentar agora os seus escritos de defensa.

O xuizo celebraráse na Audiencia Provincial de Ourense.

Na actualidade, dos cinco investigados, tan so Pachi Vázquez continúa na primeira liña política, despois de impulsar a creación dunha nova formación política "Espazo Común", sendo concelleiro da actúal corporación municipal do Carballiño.