A auditoria sitúa a débeda municipal en 6,8 millóns de euros e revela que outros 3 millóns pendientes de cobro están "probablemente prescritos"

5, Marzo 2012

O traballo do equipo auditor confirma que o Concello do Carballiño ten "un problema acumulado de 9,8 millóns de euros" a data do 30 de xuño de 2011.

 Dese total, 6,8 millóns correspondese coa débeda municipal, 4 millóns de euros de débeda financieira a curto e longo prazo e 2,8 millóns de euros de débeda a terceiros, según os datos aportados polo Concelleiro de Facenda Emilio Carballeda e o Alcalde Argimiro Marnotes, que anunciou "para que non exista problema futuro sobre facer auditoria ou non, este Alcalde comprometese a que antes de deixar o cargo, deixará as contas de novo auditadas". Marnotes tamén salientou o "pago da débeda" do Partido Popular cos seus electores e o pobo do Carballiño "ao presentar o resultado desta auditoria, que antes se tiña prometida, pero non se tiña feito", dixo.  

O Alcalde do Carballiño lamentou "a falta de axilidade política" dos anteriores gobernos socialistas "que fixeron un nulo ou escaso traballo pola via executiva,  xa que a recadación limitouse á via voluntaria e en contadas ocasión recurriuse á executiva, tamén nos consta que os veciños non pagaban por unha mala xestión  á hora de cobrar, provocando ademáis un agravio entre os que pagan e non pagan, ésta era unha cuestión máis política que técnica", salientou Marnotes. Neste capítulo o concello carballiñés deixou sen ingresar recibos por importe de 3 millóns de euros "que son de moi dificil cobro ou prescritos".

DÉBEDA CON TERCEIROS

Según o equipo auditor existen numerosas discrepancias entre o que contestaron os acreedores e os datos aportados polo concello, dandose o caso que dentro dun mesmo departamento administrativo existen  arquivos que non coinciden nos seus importes.

167 proveedores indicaron un diferencial de 566.000 euros, feito que incrementaría a débeda municipal. 98 proveedores aceptaron como boa a débeda comunicada desde o concello, e finalmente non contestaron á petición dos auditores un total de 248 proveedores, que suman un saldo toal de 911.000 euros.

Os auditores tamén comentan no seu informe que existen acreedores do concello que a súa vez xeran dereitos de cobro, sendo o caso máis siñificativo o de Aquagest, que en xuño de 2011 era acreedor en 9,6 millóns de euros e deudor en 9,1 millóns. Esta circustancia, que tamén se extende a outras empresas, provoca unha distosión moi siñificativa das débedas con terceiros e os dereitos de cobro rexistrados en contabilidade, sobrevalorando o activo e pasivo municipal e asumindo un risco "polo que as liquidacións deben facerse de forma regular sin acumular estas cantidades", apuntan.

Realizadas as liquidacións "teóricas" por parte do equipo auditor a 30 de xuño de 2011, as débedas con terceiros ascenderían a 2,8 millóns de euros, e os supostos dereitos de cobro que deberían provisionarse ascenderían aos 3,8 millóns de euros.

REMAMENTE DE TESOUREIRIA

Ainda que os remanentes de tesoureiría presentan saldos positivos en cada ún dos exercicios analizados, resulta que o informe tamén recolle a súa vez que, como consecuencia da deficiente xestión no cobro durante os últimos anos, leva o concello "a definir como de dificil cobro, ou sexa prescrito, a cantidade de 3 millóns de euros, o que suporá un desaxuste nas previsións do remanente de tesoureiría fixados nos citados orzamentos e as súas liquidacións, xa que se daban como existentes en tesoureiría". Esta circustancia reflictiráse en consecuencia nos orzamentos para este ano 2012, que desta maneira "terémolos que deixar no entorno dos 8 millóns de euros", suliñaba o Alcalde do Carballiño.

ESTIMACIÓN DE LIQUIDEZ

Tendo en conta os datos anteriores, e considerando os dereitos de cobro prescritos, resultaría que a 31 de decembro de 2010, fíxase polo concello unha liquidez positiva de 1,7 millóns  e según o equipo auditor sería negativa en 1,2 millóns, mentres que a 30 de xuño de 2011 o concello fixa unha liquidez positiva de 2,3 miilóns de euros e según o equipo auditor sería negativa en 1 millón de euros.

GRAO DE CUMPLIMENTO DA NORMATIVA CONTABLE

Chama a atención dos auditores que no ano 2007 incumplironse por parte do concellos casi todos os prazos, e en menor medida no ano 2009. Tamén inciden nos defectos na documentación remitida aos órganos de control externo, asi recollense as chamadas de atención ao Concello do Carballiño no ano 2007 por parte do Consello de Contas, no 2008 por erros de cálculo de certos estados e conciliacións bancarias, que siguen recordandose no ano 2009, e xa finalmente no ano 2010, o Tribunal de Contas denuncia a falta de acta de arqueo, xustificantes bancarios e conciliacions.