Aúrea Francisco homenaxeou "cun acto de xustiza" ás mulleres de Arcos que defenderon o bañiño

15, Marzo 2010

Na súa intervención ante o grupo de veciñas e veciñas que se deron cita neste acto, a Concelleira Carballiñesa
de Igualdade e Benestar dixo que éste era "un acto de xustiza sobre unha verdade que debemos ter sobre aqueles actos que estiveron silenciados ou acalados no Carballiño, un acto de rebeldia dun pobo e as súas mulleres, enfrontándose en tempos moi duros ás forzas do órden, a Garda Civil, loitando polo que era seu". Aúrea Francisco recordou como o Bañiño de Arcos era o balneario dos pobres, ó que acudian "aqueles augüistas con menos recursos económicos chegados desde toda Galiza", e repasou os feitos que provocou "unha familia poderososa que pretendia asoballar os dereitos dos máis humildes", en referencia ós propietarios do balneario do Carballiño, e neste contexto reflexionou como " coa loita e a dignidade pódese defender a xustiza e a verdade".  Desde hoxe, a carón do Bañiño atopámonos cunha placa que recorda a defensa que desta fonte fixeron as mulleres de Arcos, e tamén lembra á veciña que doou os terreos do entorno, unha placa na que pode lerse: "Este loureiro de esperanza, que afonda as súas raiceiras, na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire, en homenaxe a Dolores López Filgueira, e a todas as mullers de Arcos, enseña de loita, traballo e ben".