A ausencia dun concelleiro do Partido Popular facilita a Fumega que a corporación aprobe a súa proposta para rebaixar o IBI o 20% en 2020

11, Decembro 2018

A ausencia do concelleiro do Partido Popular Emilio Carballeda, que non pudo asistir ao pleno extraordinario celebrado esta mañá por problemas de saúde que o manteñen fora do Carballiño, propiciou que o grupo de goberno se valese do voto de calidade do alcalde para sacar adiante a súa proposta.

Consiste en iniciar o expediente para unha rebaixa do 20% do IBI no ano 2020, e toda vez que non se levou a cabo esta rebaixa no ano 2019, tal como fora anunciado e comprometido inicialmente polo propio concello.

A oposición votou en bloque contra esta proposta por entender que é "un brindis ao sol", toda vez que será a unha nova corporación, a que se elixa en 2019, a que deberá xestionar as contas do ano 2020.

Ao rexistrarse un empate a 8 votos, os favorables do grupo de goberno e os desfavorables dos 3 grupos da oposición, decidíu o voto de calidade do alcalde Fumega.

Polos demáis, aprobouse con carácter definitivo o expediente de ordenanzas fiscais e prezos públicos no concello do Carballiño para o ano que ven, tal como estaba previsto sen rebaixa no imposto do IBI.