Auto do TSXG: acorda procesar ao exalcalde Pachi Vázquez polas contratacións de traballadores durante a súa etapa no concello

26, Xaneiro 2015

O TSXG atende asi a petición do Ministerio Fiscal e acorda o procesamento do excalde do Carballiño, que deberá comparecer en declaración indagatoria o vindeiro dia 3 de Febreiro e abonar 2.000 euros como fianza en previsión de costas.

A fiscalía apreciara "relevantes e significativos indicios de criminalidade" na súa actuación, xa que os contratos levaronse a cabo "de maneira absolutamente arbitraria, atendendo exclusivamente a afinidades de tipo político, persoal ou doutro tipo".

O auto que acorda abrir proceso a Pachi Vázquez por un presunto delito de prevaricación continuada resalta que o exalcalde, aínda estando advertido da ilegalidade "continuou contratando con habitualidade ao persoal en rexime laboral sin un mínimo expediente, nin unha mínima acreditación do mérito e capacidade dos elexidos e sen publicidade algunha".

Tamén cita o auto un decreto do exalcalde "no que sin ningún procedemento ou xustificación amparada lexitimamente no ordenamento xurídico acorda sen maís recoñecer a condición de traballadores indefinidos a 6 traballadores que con anterioridade tiñan contratos temporais realizados sen ningún procedemento  ou amparo legal".

A maioria das 37 contratacións de traballadores que motivan o procesamento de Pachi Vázquez durante a súa etapa como alcalde do Carballiño foron feitas entre os anos 2003 a 2005.

Unha vez coñecido o auto do TSXG o exalcalde, e na actualidade deputado do PSdeG no parlamento de Galicia, volve proclamar a súa inocencia e anuncia que presentará un recurso contra o mesmo.