As auxiliares de axuda do fogar piden material básico, do que carecen, para traballar con seguridade coas persoas maiores.

16, Marzo 2020

Profesionais do servizo municipal de axuda no fogar do concello do Carballiño denunciaron nesta emisora de radio a situación de inseguridade sanitaria na que están desenvolvendo o seu traballo de atención domiciliaria, por falta do material máis elemental.

Aseguran que dende o inicio da pandemia do coronavirus, e mesmo xa declarado o estado de alerta, siguen sen contar co equipamento de protección máis básico "so temos guantes, pero nada maís, nin batas desechables nin tan xiquera unha máscara", aseguran, "estamos cansas de pedilo pero pásanse a bola dunhos a outros e está en xogo non so a nosa saúde, senón a dos nosos maiores, que son os máis vulnerables, é unha absoluta irresponsablidade", remarcan.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asegou -a preguntas de COPE O Carballiño- que esta mesma mañá xa mantivo unha conversa cos responsables da empresa que xestiona este servizo, e que lle manifestaron as dificultades que estaban tendo co abastecemento deste tipo de material, que estaba en vías de solución.

Doutra parte, nesta mañá de lúns reuníuse por vez primeira a comsión de seguimento constituída no concello do Carballiño das medidas que entraron en vigor a través dunha resolución da alcaldía do Carballiño pola crise do coronavirus.

As oficinas municipais atenderán ao público presencialmente de 9 a 14 horas, ainda que se pide que tan so para xestións imprescindibles.

Para o protocolo de atención ás persoas maiores que non poidan desplazarse e atender as súas necesidades básicas (medicamentos, alimentos, etc) a veciñanza pode solicitar este servizo chamando aos teléfonos 988 531076, 988 530006 e 988 530007.