"A.V. En Común", nova marca política de Alternativa Veciñal, ven de recibir a alta no Rexistro de Partidos Políticos

26, Febreiro 2019

Alternativa Veciñal do Carballiño transfórmase en partido político e xa figura como tal inscrito no Rexistro de Partidos Politicos do Ministerio do Interior, a incrición ten data do pasado dia 18 deste mes de Febreiro no que andamos.

Faino baixo a nova denominación "Alternativa Veciñal En Común" e o seu ámbito territorial será autonómico, polo que podería presentarse ás eleccións municipais en calquera concello galego.

O novo partido fixa o seu domicilio social na Avenida do Parque nº 61 do Carballiño.

Os seus representantes legais son Maria Jesusa Álvarez Canitrot como presidenta e Manuel Nogueira Pérez, como vicepresidente.

Nas eleccións municipais de 2015,  Alternativa Veciñal presentouse ao amparo do partido instrumental SON, promovido polas Mareas Galegas, obtivera un concelleiro na corporación do Carballiño, Bernardo García.

Agora, crean a súa propia marca política que, según se recolle no artículo 1 dos estatutos, ademáis da denominación "A.V. En Común" poderá engadírselle o nome do respectivo concello.