A Avda. do Arenteiro e Toscaña de Arriba estrean nova iluminación led. O concello anuncia que completará a reforma na totalidade das rúas e pobos do municipio.

27, Marzo 2019

O barrio de Toscaña de Arriba conta xa con trinta e seis novas luminarias dotadas con lámparas led, así como doce novos postes metálicos, que están sendo colocados estes días por unha empresa especializada neste tipo de instalacións eléctricas. Así mesmo, renováronse as líneas de tendido eléctrico.

Este proxecto, que ten un custo de 30.000 euros, é continuación doutros enmarcados no plan de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público, e cuxo aforro no consumo eléctrico supera o 50% do gasto actual, ademáis de incrementar significativamente a luminosidade das rúas, barrios e parroquias do Carballiño.

A semana pasada tamén entraron en funcionamento 58 novas luminarias no paseo da Avenida do río Arenteiro, e tamén se substituiron 53 luminarias recentemente no barrio de A Uceira, onde se investiron 18.000 euros.

Nos dous últimos anos o cambio do sistema de iluminación xa se realizou nunha boa parte das rúas da vila, entre outras, nas rúas Xullo R. Soto, Conde Vallellano, Ourense, Martínez Avellanosa, Otero Pedrayo, Galicia e Calviño, ademáis de no polígono industrial e no parque empresarial.

Este plan de mellora da iluminación pública e aforro enerxético continuará ata completar o cen por cen das rúas da vila, según haxa dispoñibilidade orzamentaria, aseguran dende o Concello do Carballiño.