Avíon suspende a Festa Mexicana 2020

8, Xuño 2020

O concello de Avión ven de comunicar o acordo de suspender a edición 2020 da Festa Mexicana, que debería celebrarse o vindeiro dia 7 de Agosto.

Faino "ante a situación tan inusual que se está a vivir a nivel global, provocada pola pandemia de COVID-19". O Concello de Avión toma "a difícil e triste decisión de suspender oficialmente a Festa Mexicana 2020, que tradicionalmente se celebra no primeiro venres do mes de Agosto".

Manifestan ademáis que "toca tomar una posición de responsabilidade e sentido común, pola que esperamos a comprensión da cidadanía",  tal como subliñou en COPE O Carballiño o alcalde de Avión, Antonio Montero

E engadíu "a nosa prioridade é en todo momento, velar pola seguridade e a saúde de todos e cada un dos nosos veciños, así como de todos aqueles visitantes que nos honran cada ano coa súa presenza na Festa Mexicana".