Balance provisonal: destrozos e roubos en 16 vehículos estacionados nas rúas carballiñesas

28, Outubro 2015

Polo menos, 16 vehículos -según o balance aínda provisional- resultaron con danos en lunas e cristais esta pasada noite, todos eles estacionadas na vía pública, en distintas rúas do casco urbano do Carballiño.

Aínda que inicialmente barallabase a idea de que se trataba dun caso de gamberrismo, conforme os seus propietarios foron dando parte á Policia Local e Garda Civil, son varios os obxetos de valor que foron roubados.

O turno de noite da  Policia Local non advertíu ningunha incidencia sospeitosa durante a noite-madrugada deste mércores, cando aconteceron os feitos.

Os ladrós tamén conseguiron entrar no establecemento comercial "Golosos" na rúa Julio Rodríguez Soto, e no garaxe do edificio onde se ubica o supermercado Mercadona, neste garaxe tamén resultaron con danos varios vehículos.