A Banda de Música "A Lira" e a charanga CLK manteñen o espírito festivo da Saleta en tempos de Covid

18, Setembro 2020

Cea non poderá gozar este ano das xa súas famosas verbenas nas festas da Saleta, canceladas pola pandemia, non obstante non poderá impedir que a veciñanza manteña a tradición nestas datas tan sinaladas no calendario festivo de San Cristovo de Cea.

Ademáis da novena que se veu desenvolvendo na capela da Saleta, e a maiores das celebracións solemnes tamén na propia capela que terán lugar tanto o domingo 20 como o lúns 21, estes dous dias a comisión de festas mantén o espírito festivo con dúas actuacións musicais.  O domingo, ao concluir a misa solemne, ofrecerá un concerto a Banda de Música "A Lira" de Ribadavia, se as condicións meteorolóxicas o permiten será ao aire libre no mesmo campo da Saleta, no caso contrario trasladaríase ao pavillón de deportes. Mentres, o lúns -que ademáis será dia festivo de carácter local no municipio de Cea- amenizará a xornada a chranga CLK.

Todas as actividades terán lugar coas correspondentes medidas de prevención e seguridade ante o coronavirus.