Barcelona, Cornellá e Hospitalet acolleron actos nos que se presentou a festa do polbo, este ano dedicada as galegos en Cataluña

7, Xullo 2014

O alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de turismo Pilar Caride representaron ao concello carballiñés nestes actos que serviron para promocionar a convocatoria gastronómica carballiñesa.

Autoridades catalanas e galegas asistiron á cea organizada pola asociación de empresarios galegos en Cataluña, no que se citou o "lobby galego" e na que os asistentes degustaron o polbo á feira do Carballiño.

No centro galego "Rosalía de Castro" de Cornellá o alcalde carballiñés recordou "como os emigrantes tiveron moito que ver co nacemento e a evolución da festa do pulpo". O acto estivo solemnizado coa banda de gaitas do colectivo Xuntanza, que aglutina ás asociacións galegas de Cornellá, Badalona e Hospitalet, que se desplazará ata O Carballiño na segunda semana de agosto para participar na festa.

Finalmente, a representación carballiñesa presentou a festa do polbo na festa anual dos galegos que se celebrou en Hospitalet, e a que asistiron preto das 10.000 persoas.