A biblioteca municipal de Beariz ofrece un servizo de libros a domicilio mentres dure o confinamento

28, Marzo 2020

A Biblioteca Pública Municipal de Beariz súmase aos servizos accesibles do Concello de Beariz e ofrece durante estes días de confinamento, o servizo de préstamo de libros a domicilio en combinación cos servizos municipais de entrega a domicilio de medicinas e outros bens necesarios. 

A Biblioteca de Beariz que leva en funcionamento desde o ano 1998, está situada no edificio do CEIP de Beariz e conta con máis de 10.000 títulos que están disponibles para a consulta en sala pero actualmente, debido ao Estado de Alarma, atópase pechada ó público. 

Este servicio municipal está rexentado na actualidade por Marta Pérez Lamas, esta licenciada en Historia e unha auténtica dinamizadora da lectura entre os máis de 850 socios que ten a a biblioteca na actualidade. Marta é creadora tamén do club de lectura de Beariz e apoio directo ao CEIP de Beariz donde é unha referencia cultural para calquera dos alumnos.

En canto alguén se fai socio recibe dúas obras de Leopoldo Durán que foron donadas á biblioteca pola súa irmá Erundina Durán. 

Ademais cómpre lembrar que co carné da biblioteca pódese acceder á plataforma de prestamo online da Xunta de Galicia, este servicio tamén contén películas en diferentes idiomas.

Calquera veciño que estes días de confinamento queira ler algún dos títulos da Biblioteca Pública Municipal de Beariz só ten que poñerse en contacto con Marta por WhatsApp no 647173820 ou chamar ó concello para que lle faciliten o seu contacto e acordar con ela os detalles do libro que queren, despois o concello realizará as entregas e devolucións unha vez á semana coas debidas medidas de desinfección e precaucións necesarias neste Estado de Alarma.