A boa estrela do líder derrota ó Arenteiro en Lalín (2-1)

21, Febreiro 2011

A boa sorte do líder e a mala estrela do vicecolista puxeronse de manifesto no partido que C.D.Lalín e C.D. Arenteiro desputaron no patacal do Manuel Anxo Cortizo, ante unhas 250 persoas, a maioria desplazadas desde O Carballiño. A boa sorte do líder, que tirou tres veces a porteria en todo o partido e marcou dous goles, o primeiro deles nunha xogada embarullada na área carballiñesa, e o segundo en apenas 5 minutos, cando o Arenteiro trataba de repoñerse despois do mazazo do gol dezano. A mala estrela do vicecolista, que durante toda a primeira parte non só tuteou ó lider da categoria, senón que tivo varias chegadas con perigo á porteira lalinense. O signo do partido pudo cambear se o árbitro pitase un penalty sobre Kennedy cando estaba a punto de rematar a primeira parte, aínda có 0-0 no marcador. Marcone marcaría o gol do Arenteiro cando xa era tarde para a reacción, xa que se xogaba o último minuto dun partido que o Lalín gañou sen facer moito más có Arenteiro, e no que debutaron os dous novos xogadores brasileiros chegados esta semana, ún deles, o central Marcone, foi o mellor dos verdes neste partido.