Boborás, O Irixo e Maside poñen en marcha un servizo municipal para atender as necesidades básicas das persoas maiores

16, Marzo 2020

O concello de Boborás anunciou esta mañá, mediante un Bando da alcaldesa Patricia Torres, que con motivo da situación de contención reforzada de Estado de Alerta para previr o contaxio polo COVID 19, e coa finalidade de colaborar coas persoas maiores ou máis vulnerables pon en marcha un servizo municipal.

O mesmo consistirá en atender a demanda das persoas que necesiten medicamentos e alimentos e non poidan desplazarse, neste caso deberán contactar co teléfono 667 552 726

Protección Civil de Boborás será a encargada de facer este servizo e atender calquera necesidade da veciñanza de Boborás.

Tamén o concello do Irixo xa ten en marcha un servizo de atención domiciliaria, que pode solicitarse no teléfono 988 287400

Pola súa parte, o alcalde de Maside José Manuel Iglesias, confirmou que o concello tamén organiza un servizo destas mesmas características para os veciños e vecñas do municipio que o precisen, este martes publicaráse un bando da alcadía de Maside que informará máis ao detalle da posta en marcha deste servizo.