Brote familiar en Leiro e no Irixo alcalde, que deu positivo, e seis traballadores municipais en cuarentena

22, Setembro 2020

Leiro súmase aos municipios con brotes de coronavirus nesta segunda onda da pandemia, Sanidade ven de notificar un brote de coronavirus neste concello ribeirán de tipo familiar, que afecta a un home, unha muller e dous menores de idade.

No Irixo, e tras rexistrarse un positivo Covid-19 nun traballador municipal, o alcalde Manuel Cerdeira avanzou en COPE O Carballiño que tanto él mesmo como outros seis traballadores municipais estarán en cuarentena ata o próximo dia 1 de Outubro. O propio alcalde confirmou que deu positivo na PCR. Durante este tempo o concello do Irixo funcionará con servizos mínimos.