Cada tarde: aplauso unánime do Carballiño aos sanitarios, traballadores de servizos básicos e corpos de seguridade, éstes corresponden facendo soar o sinal acústico

25, Marzo 2020

O ritual que se repite cada tarde cando o reloxio marca as 20 horas, a veciñanza do Carballiño agradece con aplausos dende ventás e balcóns, cancións e mesmo vitores o traballo de todo o persoal sanitario que loita contra a pandemia do coronavirus, e tamén das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como do resto de profesionais que están garantindo o funcionamento dos servizos básicos durante o confinamento.

A Garda Civil e a Policia local corresponden patrullando as rúas do Carballiño facendo soar o sinal acústico dos seu vehículos.

Este aplauso unánime que se escoita en cada tarde carballiñesa está ademáis animado por actuacións musicais en directo por parte de algúns veciños, mentres que en moitas rúas escóitase o "Resistiréi" do Dúo Dinámico, a sintonia que COPE O Carballiño elixíu dende o primeiro dia do confinamento para dar ánimo a toda a súa audiencia.

Xuntos resistirémos mellor, xuntos somos máis fortes !!