As Caldas de Partovia transformaráse nun moderno balneario, que creará 30 postos de traballo directos

13, Abril 2010

O proxecto de modernización incluirá a construcción dun novo edificio que acadará os 640 metros cadrados, e respetará a edificación actúal, que xa data do ano 1.842. Ademaís contemplanse outros 1.592 metros cadrados de instalacións exteriores coas que contará o futuro complexo termal, que de momento non tén previsto o aloxamento, aínda que non se descarta para máis adiante. Os propietarios e promotores do proxecto, a sociedade carballiñesa "Garriga e Hijos S.L.", esperan iniciar os traballos de construcción de forma inmediata,unha vez que obteñan a licencia de obra, aínda que desde fai algunas semanas xa se veñen acometendo labores de acondicionamento. O prazo de execución que se estima para a construcción do novo balneario é dun ano, tempo durante o que as instalacións permanecerán cerradas sen poder dar ningún tipo de servizo termal. Segundo as estimaciós da propiedade, esta ampliación vai supoñer a creación de 30 postos de traballo directos, entre os que estarán masaxistas, esteticistas e auxiliares de balneario. Tamén se calcula no proxecto a repercusión económica directa que o mesmo terá na zona, arredor dos 2 millós de euros anuais, dos que sobre todo poderán beneciarse os sectores hosteleiro e comercial. A capacidade para tratamentos termais nas futuras instalacións das Caldas de Partovia será de 800 sesións diarias.