A carballiñesa Marina Ortega será nº 1 na candidatura do PSOE ao congreso pola provincia de Ourense

17, Marzo 2019

Asi o confirmou este domingo a comisión federal de listas do PSOE, Marina Ortega Otero será a cabeza de lista ao congreso na provincia de Ourense para as eleccións xerais do 28 de Abril.

Psicóloga de profesión, Marina Ortega Otero compatibiliza na actualidade o seu cargo como Xefa de Gabinete na Subdelación do Goberno en Ourense co de concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade no goberno municipal de Francisco Fumega no concello do Carballiño.

Ademáis, no PSdeG  forma parte da dirección autonómica, e agora con esta designación como nº 1 da lista ao congreso a carballiñesa continúa coa súa fulgurante carreira política.