Cáritas Parroquial continúa a recollida de material solidario para un terceiro envio a Ucrania, e abre unha conta bancaria para costear os gastos de transporte

15, Marzo 2022

Cáritas Parroquial do Carballiño fai un chamamento a aquelas persoas que poidan axudar con aportacións en diñeiro para costear os elevados gastos do transporte do material solidario para o pobo ucraíno enviado dende O Carballiño.

Para elo, Cáritas Parroquial do Carballiño ten aberta unha conta bancaria, que é a seguinte: ES66 0182 0635 5102 0153 8409

A pasada semana saía un primeiro envio, e hoxe mesmo parte un cargamento con 30 palés con destino a Polonia, e xa traballan para facer un terceiro envio, para elo continúa aberta a recepción de enseres, comida e alimentos, que se recolle no local da rúa Evaristo Vaamonde en horario diario de 6 a 8 da tarde.