Carlos Montes presenta o libro das Festas do San Cibrao e invita ós carballiñeses a colaborar para sufragar estes festexos
(Redacción. Belén González) As festas na honra de San Cibrao xa están á volta dunhas semanas e por iso o alcalde, Carlos Montes, presentaba esta mañá na Casa do Concello o libro de festexos para este ano. Montes resaltou a merma do orzamento con respecto ós anos anteriores e o esforzo especial para sacar adiante estas festas. Este ano contan con 115.000 euros de presuposto. O máximo representante do concello fixo un chamamento á poboación para que colabore o máximo posible coa comisión para recaudar fondos e non crear déficit. A cuota mínima voluntaria son 10 euros e cada un dos colaboradores levará unha identificación que indicará a axuda prestada ás festas patroais da vila do Arenteiro. Tamén destacou que unha parte importante da subvención para estas festas irá adicada ós máis cativos, posto “que son os que máis desfrutan nas festas” e para iso contarán con talleres, obradoiros e un cine exterior que irá viaxando polas diferentes rúas de O Carballiño. Este San Cibrao preséntase coas actuacións de Navajitá Plateá, Cómplices e o grupo vasco-carballiñés Zenttric. Ademáis actuarán como teloeiros deste grupo, os carballiñeses Pygmalion. Tamén O Carballiño contará coa aportación da Banda Escola de Marín que acompañará á procesión do santo. Haberá actividades deportivas e andainas como a organizada polo Clube de Sendeirismo Rillamillas para o 6 de setembro. A andaina, “Vila do Carballiño”, sairá dende o Pavillón Paco Chao e percorrerá nove pobos.
Entre os días 7 e 10 celebraráse o "Festival de Teatro Galego do Carballiño" no Auditorio. O sábado día 12 a "Coral do Casino" ofrecerá un concerto no Salón de Actos do Casino. Para o 14, o cine móbil deleitará ós máis cativos cunha obra na Praza Maior ás 11.00 horas da mañá ademáis as rúas estarán animadas polos gaiteiros "Os Renovados do Carballiño". Ás 17.30 horas, un "Home orquesta" fará as delicias dos máis novos e ás 22.00 horas terá lugar a inauguración do alumeado artístico deste ano. Ó día seguinte, ás 10.00 horas celebraráse o LXV Concurso de Gando Raza Rubia Galega na Uceira. O pasarrúas correrá a cargo da "Charanga Entre Amigos". Ás 11.30 horas, as rúas estarán amenizadas pola "Banda Escola Municipal do Carballiño". Dende as 16.00 horas, a tarde será adicada ós nenos; ás 19.00 horas celebraráse un concerto da "Banda Escola Municipal do Carballiño" na Praza Irmáns Prieto. A partires das 20.30 horas, a "Orquestra Tequila" tocará na Praza do Balneario e na Praza Maior estará a "Orquestra Millenium".
O mércores, a xornada de festa comezará ás 10.00 horas con pasarrúas a cargo da "Tuna Universitaria Compostelán" e ás 11.30 horas, a "Banda de Música de Noia" percorrerá as rúas da vila. A tarde estará centrada nos cativos e a partires das 18.30 horas haberá unha exhibición de Hap Kido e de Kick Boxing con Cipri Gómez. A "Banda de Música de Noia" dará un concerto na Praza Irmáns Prieto ás 19.00 horas e amenizarán a verbena ás orquestras "Oca" e "Noche de Estrellas". A charanga do "Dr. Anchoa" percorrerá as rúas ás 10.00 horas do xoves 17 e ás 11.30 horas a "Banda da Escola Naval de Vilamarín" acompañará a procesión do San Cibrao. A misa solemne celebraráse ás 12.30 horas co "Orfeón do Carballiño" e despois deste acontecemento, a "Banda da Escola Naval de Marín" dará un concerto no exterior da Veracruz e tamén ás 19.00 horas deste mesmo día na Praza Irmáns Prieto. Ás 17.00 horas, o C.D. Arenteiro ofrecerá un partido e durante a tarde haberá dous pasarrúas para animar a vila. A orquestra que amenizará a verbena será "París de Noia" e ás 23.30 horas o grupo "Cómplices" ofrecerá un concerto na Praza do Emigrante. Ó redor das 01.00 horas da madrugada faráse a tirada do fogo voador a cargo da piroctecnia "La Gallega".
O venres a "Charanga Chunda Chunda" percorrerá ás rúas a partires das 10.00 horas da mañá e ás 13.00 horas a "Banda de Vilanova dos Infantes" animará ós carballiñeses cun concerto na Praza Irmáns Prieto. A verbena correrá a cargo da orquestra "Jerusalén" e a partir das 23.30 horas a Praza do Emigrante acollerá o concerto de "Navajita Plateá". O sábado día 19, ás 10.00 horas comezará a romaría da "Virxe da Saleta" con posterior xantar na Carballeira da Saleta. Ás 18.30 horas a Praza Maior estará ocupada por unha exhibición de Taekwondo. A Praza do Emigrante contará cun Festival Rock nos que estarán o grupo "Efecto Pygmalion" e "Zenttric". Come remate dos festexos, o domingo día 20, será adicado ós nenos e ás 00.00 horas rematarán as festas deste San Cibrao 2009.