Carlos Montes rompe o seu silencio en Cope "ou non saben botar as contas ou están facendo demagoxia, o máximo que chegou deberse aos proveedores foi 1,8 millóns"

3, Outubro 2011

Catro meses despois de deixar a Alcaldia do Carballiño, Carlos Montes defendeu a súa xestión no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio na que manifestou que "xa dixen que eu estaba aquí para calquera información que precise o actúal Alcalde, o meu teléfono está no Concello, e teño moita información que lle sería de proveito sobre o funcionamento do concello", referíase concretamente o Ex-Alcalde a anunciada débeda de 11,5 millóns aos proveedores "é totalmente incorrecta e desmesurada a cifra que se está dando desde o grupo de goberno porque a máxima débeda que se chegou a acumular cos proveedores foi fai aproximadamente un ano e oito meses, daquéla chegou a deberse 1,8 millóns de euros, pero conseguimos rebaixala moito có plan de saneamento, pagouselles ao 80% dos proveedores". Montes tamén asegurou que non era certo que se lle deban todas as facturas do ano pasado a Unión Fenosa "do 2010 recordo que se lle pagaron algunhos meses, non sei se 3 ou 4, pero algunhos sí se pagaron",  ademáis, en relación aos proveedores Carlos Montes aclarou que "débelle o concello pero tamén eles lle deben ao concello, como a propia Fenosa que ten que compensar cada ano 3 meses pola ocupación de espazos públicos, ou Aquagest, que tamén debe ao concello".

O Ex-Alcalde do Carballiño amosou a súa sorpresa polas noticias sobre a débeda contraída cos bancos xa que "deixei a Alcaldia cunha única operación a curto prazo por importe de 1,2 millóns de euros, reduciuse máis do 60 % a débeda a curto prazo, que chegou a ser superior aos 3,5 millóns de euros", e xustificou que nos últimos meses do seu mandato non puderon facerse pagos "por un problema puntual no servizo de tesourería, desde o mes de marzo non pudemos facer o pago de facturas, e no momento de deixar a Alcaldia quedaron preto de 2 millóns de euros en diñeiro líquido".

Preguntado sobre os primeiros meses de goberno municipal do Partido Popular, Montes respondeu que "vexo moi parada a vida municipal en canto á toma de iniciativas importantes para  O Carballiño, cando ún chega novo á Alcaldia ven con novos pulos e ilusiós, pero vexo moita desidia na xestión no concello, nos últimos meses, únicamente se inaugurou a nova depuradora, se fixo a reforma do paseo do río Arenteiro, e se pedíu a Fomento a obra de ampliación do túnel do ferrocarril, son proxectos que xa nós deixamos feitos no noso grupo de goberno", remarcou.