Cativeira previsión de afluencia á Festa dos Maiores, que se celebra este sábado

8, Xuño 2016

As brigadas municipais de obras e medio ambiente acondicionan estes días o entorno do Parque no que se vai desenvolver o próximo sábado, 11 de xuño, a Festa dos Maiores. Neste labor tamén colaboran os traballadores de protección civil lavando as rúas centrais e desatascando os sumidoiros con auga a presión.

Ademáis da limpeza xeral, con desbroces, corte de herba e retirada de ramas, procédese á revisión e limpeza das instalacións de aseos, así como das fontes, tomas de corriente e de auga, e a montaxe da infaestrutura de mesas e bancos para o xantar do recinto oficial.

Asemade, ultímase o operativo da policía local e protección civil para cubrir as necesidades de tráfico e seguridade deste evento que reúne cada ano a milleiros de persoas chegadas de toda a provincia e de Galicia para compartir unha xornada de lecer neste marco natural do Carballiño.

Cativeiras previsións de asistencia

Lonxe quedan, fai unhos anos atrás, aquelas edicións multitudinarias nas que a asistencia a esta Festa dos maiores rebasaba as 30.000 persoas.

Nas últimas edicións celebradas constátse o declive desta convocatoria festiva, de feito as previsións para este ano apuntan a apenas 40 autocares que están reservados para achegar aos participantes ata O Carballiño, procedentes de diversas localidades galegas