Cativos e maiores abarrotan a Praza Maior para recibir aos Reis Magos

5, Xaneiro 2017

O tempo acompañou e propiciou un gran ambiente para acompañar a celebración da Cabalgata de Reis carballiñesa, na que Melchor, Gaspar e Baltasar repartiron perto dunha tonelada de caramelos sen gluten.

A comitiva estivo amenizada pola Banda de Música do Carballiño e a actuación en directo da cantante Tamara, veciña de Punxín.

Tras facer acto de máxica aparición na torre da Veracruz, como ven sendo xa habitual nos últimos anos, as súas maxestades ocuparon as súas respectivas carrozas e iniciaron o tradicional percorrido polas rúas máis céntricas do Carballiño.

A cabalgata contou este ano cun operativo de seguridade no que participaron numerosos efectivos da Garda Civil e Policia Local.

No balcón da casa do concello, deulle a nenos e maiores, e tamén aos Reis Magos, o tenente alcalde Manolo Dacal, que agradeceu a súa visita, e logo dirixíu aos cativos unha mensaxe o rei Melchor.

Centos de nenos gardaron cola -os últimos tiveron que agardar máis dunha hora- para achegar persoalmente as súas cartas e peticións aos magos de Oriente.