Catro espectáculos no programa carballiñés dos "Circuítos Galegos de Teatro Amador" durante o mes de Outubro

29, Setembro 2021

Trátase dun programa teatral que se desenvolverá no auditorio do Carballiño durante o próximo mes de Outubro, organizado por "Tiruleque-Grupo de Teatro" en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado e patrocinado pola Xunta de Galicia.

Abrirá esta programación o sábado dia 2 de Outubro "Teatro Escoitade" coa comedia "Dominó celeste, ou que vai ser de tí, Ernesto".

O sábado dia 9, será a compañía "A Tequerreté" coa obra "Confinad@s", que nace en clave de hilarante comedia, das experiencias sofridas durante o confinamento.

O domingo dia 10, "Tiruleque-Grupo de Teatro" volverá representar "A Farsa de Maitre Pathelin", un sarcástica e anónima obriña francesa do século XV.

E xa finalmente, baixará o telón deste ciclo teatral o sábado dia 16 a actuación do grupo vigués "Fauna 113" co drama "A última cea".

Todas as representacións serán ás 20:30 horas e o prezo das entradas será de 3 euros.