Catro persoas investigadas pola desfeita e danos a mámoas na parroquia de Loureiro tras acometerse traballos xestionados polo concello do Irixo. O alcalde declara que "ninguén sabía nada da existencia da mámoa destruida"

22, Abril 2019

O equipo do SEPRONA da Garda Civil ven de culminar a "Operación Sepulcrum", que se salda con catro persoas investigadas, como responsables dos traballos que provocaron a destrucción total  dunha mámoa coñecida como a "Mámoa de Barro", asi como a destrucción parcial noutras dúas mámoas localizadas nas inmediacións da Bugalleira, na parroquia de Santa  Mariña de Loureiro, no concello do Irixo.

A investigación foi levada a cabo tras unha denuncia presentada ante a Garda Civil, que abríu unha investigación para aclarar as circustancias nas que se produciron os feitos e que afectaron a estas mámoas, dunhos 6.000 anos de antiguidade e que figuran no Catálogo de Bens Culturais de Galicia.

Según o relato da propia Garda Civil, que xa trasladou as dilixencias ao Xulgado Nª 1 do Carballiño, os traballos que provocaron a desfeita no patrimonio foron promovidos pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común do pobo do Quinteiro ao acometer labores de limpeza e plantación de piñeiros. Por este motivo, figuran como investigados os tres integrantes da Xunta Rectora do monte veciñal, asi como o operario que executou os traballos.

En declaracións á CADENA COPE, o alcalde do Irixo Manuel Penedo explicou que él mesmo xestionou coa Deputación a execución destes traballos en nome dos comuneiros "para facer cortalumes e limpar camiños, ademáis nese medio tempo, a propia Deputación pediulle permiso aos veciños para levar terra para a Insua dos Poetas, e non sei se foi nese medio tempo ou non cando pasou eso".

Penedo tamén asegurou que "ninguén sabía nada da mámoa que desapareceu, había constancia das outras dúas, que apenas presentan danos, pero da outra ninguén sabía nada da súa existencia".