Catro precandidaturas optan a susitituír a Argimiro Marnotes como candidato do Partido Popular á alcaldia do Carballiño

13, Xuño 2018

Catro precandidatos competirán no Partido Popular para elexir o candidato ou candidata á alcaldía do Carballiño nas eleccións municipais do ano 2019.

Tras a renuncia de Argimiro Marnotes a repetir como candidato, abrírase un prazo de 15 días no seo da Xunta Local que rematou este mércores dia 13 de Xuño para que calquera persoa interesada poidese presentar a súa precandidatura.

Foron catro persoas as que o fixeron, tres homes e unha muller, esta última é ademáis a única que exerce na actualidade un cargo público, como concelleira do PP na corporación municipal do Carballiño e tamén como deputada provincial, como é o caso de Teresa Cerdeira.

Os outros tres precandidatos son membros da Xunta Local, Ricardo Perea -que xa manifestara a súa predisposición fai unhos dias coincidindo co anuncio feito por Argirmiro Marnotes-, e ao que agora se suman Avelino García e José Andrés Vázquez.

As votacións serán o próximo dia 20 deste mesmo mes de Xuño.

Se un dos catro precandidatos obtén maioría absoluta quedaría proclamado como candidato, se non fose así, ese mesmo día haberá unha segunda volta entre os dous precandidatos máis votados.