C.D. Arenteiro 1 C.D. Lalín 2

24, Marzo 2013

O Arenteiro acabou por entregar un partido que ía gañando ata o minuto 74, unha derrota que complica aínda máis a situación na táboa clasificatoria dos carballiñeses e mingua considerablemente as aspiracións de salvación do descenso directo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo ( Tacón, m.73 ), Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel ( Iago, m.88 ), Alex, Pablo Piñeiro, Martín ( Iglesias, m. 63 ), David Soares ( Bardelás, m. 80 ) e Prada.

O Partido: Con dúas partes claramente diferenciadas, na primeira sen que ningún dos dous equipos conseguise facerse co control do xogo e tampouco sen ocasións manifestas de gol, salvo unha xogada en cáda área, o Lalín desperdiciouna e aproveitouna o Arenteiro para adiantarse no marcador no minuto 41. Martín consigue por tesón levarse un balón que envia cara o centro da área onde David Soares remata sobre o porteiro do Lalín, no rexeite Prada non falla e adianta os carballiñeses. Na segunda parte os dezanos fixeronse progresivamente co control do centro do campo e pasaron a dominar claramente o partido, aínda que os 52 m. unha gran galopada de Pablo Piñeiro pudo servir para ampliar a ventaxa local  no marcador,  puxo un magnifico balón aos dianteiros carballiñeses pero nin Martín nin Soares, que rematou moi alto, souberon resolver. O Lalín seguía avisando, e tras ver como lle anulaban un primeiro gol por fora de xogo, aínda tería tempo para darlle a volta ao marcador con dous golazos nos minutos 74 e 91 de partido. Lamentablemente, o Arenteiro tirou o partido na segunda parte e os dezanos non perdoaron.