CD Arenteiro 2-0 Mondariz CF

16, Outubro 2016

Victoria dos verdes ante o Mondariz nun partido no que o protagonista negativo foi o árbitro, o mellor para os locais o resultado, con outros 3 puntos que se quedan en Espiñedo, que volvía presentar unha boa entrada no graderío.

Os xogadores do Arenteiro, sen apenas dar unha patada aos contrarios, foron castigados polo colexiado Edgar Soto con ata 10 tarxetas amarelas, unha doble a Adrián Padrón por facerlle observacións tras unha fea entrada dun xogador do Mondariz sobre Rubén Arce.

Mala arbitraxe e partido gris do Arenteiro, que resolveu con dous goles, un en cada tempo. No minuto 36, tras un erro defensivo do Mondariz, un atento e incisivo Rubén Arce adiantou aos verdes nunha acción persoal. O mesmo xogador tamén tivo protagonismo no segundo gol, poñendo un balón de ouro a Ivàn Portos, que o xoven valor da canteira carballiñesa mandou ao fondo da portería.

Antes, no inicio da segunda parte, o Mondariz desaprobeitou ata dúas oportunidades de nivelar o marcador. Tamén o Arenteiro tivo, por mediación de Carlos de Dios dúas claras ocasións de gol que salvou en ambos casos in extremis o gardameta visitante.

NO CD Arenteiro xogaron de inicio: Israel, Adrián Pol, Maxi, Adrián Padrón, Saúl, Cuquejo, Bardelás, Dani Chimpin, Rubèn Arce, Varandela e Alberto. Tamén xogaron Carlos de Dios, Dafonte, Vilachá e Iván Portos.