CD Arenteiro 4-0 Caselas FC

24, Xaneiro 2016

Victoria importante dos verdes para volverse creer equipo e alonxar fantasmas. O Arenteiro necesitaba gañar xa un partido, e por fin conseguíuno, aínda que fose mellor, bastante mellor, o resultado que o xogo, e enfronte tivera a un floxo rival como resultou ser o Caselas FC, que ademáis tivo que xogar os útlimos minutos da primeira metada e toda a segunda cun xogador menos, que foi expulsado con cartón vermello.

Sanginés fixo o primeiro gol no m. 25 de partido, e un chisco antes do intermedio, no m. 42 Martín Pérez logrou o segundo, ún deses goles chamados sicolóxicos. Co terceiro de Vitti, no m. 61, os de Caselas entregaron definitivamente o partido, ao que xa lle sobrou a última media hora. No m. 87 Pana puxo a guinda do 4-0 cun auténtico golazo.

CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Victor Gallego, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Gele, Esteban e o xuvenil Rivera, que debutou en Preferente.