CD Arenteiro cerra a liga con derrota ante o Marcón AT. no que foi o último partido en Espiñedo para o capitán Carlos Escudero e o adestrador Miki López

25, Maio 2015

Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.

Tarde gris dos verdes que tan só na primeira parte fixeron méritos para sacar o partido adiante, pero que se viñeron abaixo na segunda parte, sobre todo despois de encaixar o primeiro gol.

A nota positiva do Arenteiro foi o debut co primeiro equipo dos xuvenís Pol e Esteban, e tamén a homenaxe ao capitán Carlos Escudero, que tras cinco tempadas xogou o seu último partido co Arenteiro en Espiñedo, non aínda o último coa camiseta verde, xa que aínda queda pendiente a competición copeira.

Tamén foi o último partido co Arenteiro en Espiñedo para o mister Miki López, que tras dous anos no club e conseguir deixar ao Arenteiro en Preferente, non continuará a vindeira tempada.