CD Arenteiro informa aos afeccionados en tempo real a través dunha aplicación móbil

10, Decembro 2014

A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.

Desta maneira, os seguidores do Arenteiro, alá onde se encontren, recibirán en tempo real información dos goles e das principais incidencias de cada partido.

Club Deportivo Arenteiro é o primeiro club de fútbol da provincia de Ourense e o terceiro de Galicia que implanta este moderno sistema de información, que xa está dispoñible.