CD Arenteiro inicia pretempada o dia 24, e o 1 de Agosto primeiro partido ante a UD Barbadás

19, Xullo 2015

O Venres dia 24 de Xullo, ás 9 da noite no Estadio de Espiñedo, será a xornada de presentación do primeiro equipo do CD Arenteiro, iniciando asi unha nova etapa coa vista posta na Preferente Galega.A gran novidade estará no novo corpo técnico, comandado polo novo adestrador Jorge Regal, con él como preparador físico debutará Diego López, que continúa no club onde xogou nas dúas últimas tempadas.

As outras novidades serán as novas incorporacións: o porteiro Marcos Macia que chega do Club Lemos; os defensas Vilachá -do Barbadás- e Maxi, que ven do CD Allariz; o centrocampista Marc -ex Lalín e Estudiantil-; o extremo Marcos Castro, que xogou a tempada pasada no Céltiga; e o dianteiro vigués Vitti, ex do AlertaNavia. Con eles, iniciarán o traballo os 13 futbolístas que foron renovados, asi como varios xuvenís e dous xogadores a proba.

O primeiro partido da pretempada xogarao o Arenteiro no Estadio de Espiñedo o sábado 1 de Agosto ás oito da tarde fronte a UD Barbadás da 3ª división.