CD Arenteiro presenta as novas fichaxes para a próxima tempada

25, Xullo 2015

Comezaron as sesións de preparación do novo proxecto verde para a vindeira tempada, baixo as ordes do tamén novo adestrador Jorge Regal.

Na primeira das sesións estiveron presentes todas as novas fichaxes que chegan co obxetivo de reforzar un plantel no que teñen continuidade os 13 futbolístas do curso pasado. As novas incorporacións que podemos ver na foto son: Marcos Macia, Maxi, Marcos Vilachá, Marcos Castro, Marc, Vitti e Iago.

Nas primeiras sesións de adestramento, tras o periodo vacacional, ten preferencia a preparación física, que se desenvolve tanto no estadio de Espiñedo como no parque municipal do Carballiño, un auténtico luxo para este tipo de exercicio físico.