C.D. Barco 2 C.D. Arenteiro 1

2, Decembro 2012

O Arenteiro acabou perdendo no Barco de Valdeorras un partido que gañaba ao descanso e que pudo sentenciar Martin, non obstante os verdes regresan a O Carballiño cunha nova derrota.

C.D.Arenteiro: Macia, Tazos, Escudero, Dabarca, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Piñeiro, Dacosta (Gabriel), Bardelás (Kennedy), Martín (Cancelas) e Soares.

Goles:

0-1- Minuto 26. Tiro desde a frontal de Pablo Piñeiro que se cola na portería de Taranilla.

1-1. Minuto 50. Victor Vega chuta tamén desde a frontal da área e logra o empate.

2-1. Minuto 79. Quini, libre de marca fai o segundo dos valdeorreses.

Comentario: gañou o partido quen máis creeu nas súas posiblidades, e este equipo foi o Centro de Deportes Barco, apoiado extraordinariamente pola súa afección. Os carballiñeses poideron sentenciar e non o fixeron, e xa co empate no marcador na segunda parte, Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o dianteiro do Arenteiro non acertou a materializar a clara ocasión da que dispuxo, ao final, o que perdoa acaba perdendo o partido. Unha mágoa.