CD Barco 2 CD Arenteiro 2. Meritorio empate do Arenteiro en Calabagueiros

13, Xaneiro 2019

Un punto no campo do terceiro clasificado non é pouco, pero o premio pudo ser maior porque o Arenteiro púxose por diante no marcador e os valdeorreses non conseguiron igualar o partido ata 7 minutos do final cun golpe de fortuna nun tiro dende dende fora da área que pegou en Portela e foise envenenado ao interior da portería de Rúi.

E eso que pronto o partido se puxo costa arriba para os verdes, xa que con tan so 6 minutos o Barco marcaba o 1-0. O certo é que a partir de entón foi o Arenteiro o que levou máis perigo ante a portería rival, e nesta primeira parte Rober por partida doble e Maxi a punto estiveron de marcar, antes e despóis de que o fixera Hugo Sanmartín nunha gran acción persoal no minuto 29.

Na segunda parte -minuto 51 de partido- volvía a marcar Hugo Sanmartín cun dereitazo dende fora da área por toda a escadra, que fixo inúltil  a estirada do porteiro vasco do Barco. Un gol que deixou noqueado durante moitos minutos aos locais e nos que o Arenteiro pudo sentenciar o partido, pero non o fixo.

E asi chegou o gol do empate definitivo, se ben antes os locais xa enviaran un balón ao longueiro e Rui Santos sacara a bocaxarro un balón cando a bancada de Calabagueiros xa cantaba o gol.

Ao final, xusto reparto de puntos, entre un Barco que segue outra semana en postos de promoción de ascenso e un Arenteiro que deixou unha moi boa imaxe neste partido.

Para ver a ficha do partido preme na seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...